29/10/08
09/10/08
17/09/08
10/09/08
08/09/08
28/08/08
El sargento canuto tamén é unha obra peruana e se buscas en google canuto aparecerá: Tengo sexo con canuto mi perro. A páxina na que sae chámase entorno médico e o comentario a esta pregunta é o seguinte:MIRA LO Q T PUEDO DECIR ES NO ES BUENO LO Q ESTAS ASIENDO PORQ ES VERGONZOSO LO Q HACES, DA VERGUENZA AGENA MEJOR DEBERIAS ESPERAR A UN CHICO.
Chico...canuto...ter un bo canuto...pastor alemán?
27/08/08
26/08/08
25/08/08
22/08/08
21/08/08
20/08/08
Estiven desumbilicada despois de parir. Espertei chorando. Logo, camiñei por unha rúa na que había farmacias e bares (na que era a nai negra que  liada cun branco perde á súa filla polos favores alleos). Eu, agora, mírome en ti. Non porque teñamos un espacio, non porque teñamos unha illa na que hai un buraco de vermes, que nos impide atoparnos...só temos a parede escrita.
Eu quérote.
18/08/08
Este martes pasado, 0 12, Xosé Tomás presentou no Salón do Cómic da Coruña o seu libro Tolos. Con prólogo de Miguelanxo Prado.
Superheroes que esperan nas estacións entre as sombras. Con bo humor, con mal humor. Atopan a unha nena coas bragas quentes, sempre hai unha nena coas bragas quentes á altura dos xoellos...o peso dunhas vacacións, o peso do corpo dun can (olla, que non gosta de que o can suba á cama)...nas estacións de trens, nos aeroportos (porque cando voamos hai que avisar para que a xente suba aos convoios co tempo suficiente para comer unha milanesa con maionesa).
Os superheroes nunca existiron para salvarme. Eu son unha marxinada. Hai trinta anos enclaustraríanme nun psiquiátrico para electrocutarme, si...para darme correntes. (Eu prefiro un home-muller, con boca de concha).
Reviso os meus arquivos, ando a traballar de noite...de cando en vez poño Ciudadano Kane, movo os libros para unha parte da mesa e non me quero erguer pola mañá. Costa moito. Son unha enferma...penso en que son unha enferma acompañada mais repito que non quero superheroes, quero un home-muller sensible e con menos problemas mentais dos que eu teño.
Na casa dos meus pais nunca puiden disfrutar dun cuarto propio. Dun cuarto onde poder levar aos amigos, ás amantes...iso impedía que coñecesen á miña nai e que acabasen gostando dela. Porque miña nai é hospitalaria e ainda que non me leva xelados nin bombóns ao cuarto, si me coida con camomilas. Nunha destas, mentras pasaba unha das miñas estadías en el lecho de muerte percibiu que gardaba os tickets do metro de Lisboa. Eran cartóns pequenos, cunha franxa prateada, destintados...perguntoume...para que gardas iso...dixen...por se teño que baixar ao andén a recoller a memoria.
13/08/08
12/08/08
11/08/08
06/08/08
04/08/08
10/07/08
09/07/08
Deixei a vida en Paris hai dous meses. Hai dous meses que deseñei un grande NON e comecei a respirar noutras latitudes. En Buenos Aires está frío e saen avións. Nunha semana vou recibir a chamada dun amante que prenderá o teléfono e dirá: Eu sempre te amei. E eu digo: MU!!
Olvidar olvido até de apagar o leite e de comprar o cardamomo para o café. Socorro dime que non me preocupe, que todos perdemos memoria...mais eu tiven que botar man dunha grabadora que cada media hora conecto e me repite as cousas que teño que facer. Iria vai para a cama...e Iria vai para a cama. Iria quita as calzas e Iria quita as calzas. Iria...chamaches aos das flores e Iria chama aos das flores. Iria esperta suada estes días...as camisas de noite están enchoupadas nos seios e no pescozo. Tamén soñamos en quente. Eu soño en quente, en húmido esperto e digo: Iria perdeches facultades.
O outro día na Tasca falabamos de como nos chamabamos cando falabamos en terceira persoa: Ti dixéchesme Ghillermo eu díxenche Iria. Cando emprego o nome propio de alguén para chamalo e non digo: Guille ou Soco ou Monchi ou Manolito ou Fede...é para mostrarlle algo moi fundo.
Federico quérote.
Onte, mentras agardaba a entrar no médico, un vello contounos que nunha crise de ansiedade por falta de alcol, tiveron que agarralo dous senadores e meterlle unhas labazadas. O home non quería que lle puxeran unha inxección pois segundo entendín...bebía viño branco, con viño tinto, güisqui con cognac e cerveza con anis...Pola noite, e xa na casa (pois o de esperar a entrada na consulta ben pudo alongarse ata a noite), conectei con Roma e lembreime dos senadores que agarraran ao gacho.
Esto ben pudo dar para un titular do Correo Gallego tipo: La asesina de ancianas de Barcelona preparaba tortillas para la Policía (Este titular non mo estou a inventar). Esto sería así: Doña Valentina Hernández Santamaría y Don Carlos Andrés García Varela, candidatos al senado por FE de las JONS, inmovilizan en el Clínico a un anciano con delirium tremens.
El señor Eldemiro, debido a la catarsis, decidió quitar el "cuchillo de matar o porco", según sus declaraciones. Cuchillo que guardaba en un armario, destinado en origen para el acubillaje de ropa y productos de aseo. (Estes datos tampouco mos estou a inventar susurróunolos na tarde de onte, mentras esperaba a entrada no médico).
08/07/08
07/07/08
03/07/08
Onte, antes de que comezara Dexter, púxenme cómoda no meu fantástico e sátiro sofá para revisar ó Kiss e a Retranca. Algo malo está a pasar co Kiss pois mentras me tentaba concentrar nalgúns detalles din así...como unha especie de cabezada e fiquei a durmir uns quince minutos coa revista aberta polas primeira páxinas...mmmmm. Para os de Retranca xa gardo outra clase de consideracións. Qué le voy a hacer si el abuelo es gay?
02/07/08
01/07/08
Tadashi Agi e Shu Okimoto e o seu manga sobre viño. Esta tempada na Fnac.fr ofrecen unha selección de manga et gourmets. Aledeime de atopar, non podía ser doutra forma, Les Gouttes de Dieu. A atención dos medios en Francia a esta publicación foi incrible...supoño que unha historieta semellante aquí: con "O Ribeiro, viño de desolación". Ou "Un godello para Mari Nieves". Ou "Parker e o Mencía" atendendo á moda da crianza en barrica (Proben o Alanda D.O. Monterrei)...sería motivo de cachondeo general.
O ano pasado Ramón ofreceume polo meu aniversario o libro Emigrantes de Shaun Tan, editado por Barbara Fiore. É un libro tan fermoso que doe. A dor, nestes casos, resúmese en lágrimas...eu choro e choro, como xa dixen, como unha gatiña inmóbil. Tamén chorara no avión,  á volta do Saló de Barcelona, con El circo del desaliento.
29/06/08
28/06/08
27/06/08
Merendo na cociña, penso que do que máis gostaba era do plátano, do pan e do chocolate. Metía o chocolate, así...á forza... no chusco e ficaba un miolo gordo e gorentoso na parte de preto do currusco, que eu deixaba para o final. Para comelo despois de todo e beber un copo de auga.
Vía Batman e Robin, Songoku e Arale. Despois apoiábame no petril da xanela e ollaba para o peixe. Dunha vez rompera o vidro da casa do peixe, só unha parte do vidro...de xeito que a forma do corte semellaba unha faca árabe de destripación. Eu pasara o dedo polo borde e cortaráme conscientemente.
26/06/08
25/06/08
24/06/08
é tenro e doe este filme, cando o acabei de ver (máis unha vez) descubrín os peliños do xersei da muller. Eu tamén teño un pixama con peliños e un gato azul, co que leo e co que falo polo teléfono. Téñoo posto ás veces. Hai días nos que quito a parte de abaixo e queda a casaca rosa co gato...e vexo as miñas pernas a moverse (debo ter o síndrome ese das pernas que non paran). Movo os dedos dos pés, engrúñoos...e son capaz de deixar un dedo teso.
Eu hoxe gostaría de comer un chuletón de vaca, pouco feito.
Coman e forniquen mentras poidan....e a ser posible, que de fondo pasen o filme de Fritz Lang, The woman in the window...fogo!!!
23/06/08
20/06/08
18/06/08
CHORONZON: I am a dire world, prey-stalking, lethal prowler.
MORPHEUS: I am a hunter, horse-mounted, wolf-stabbing.
CHORONZON: I am a horsefly, horse-stinging, hunter-throwing.
MORPHEUS: I am a spider, fly-consuming, eight legged.
CHORONZON: I am a snake, spider-devouring, posion-toothed.
MORPHEUS: I am an ox, snake-crushing, heavy footed.
CHORONZON: I am an anthrax, butcher, bacterium, warm-life destroying.
MORPHEUS: I am a world, space-floating, life nurturing.
CHORONZON: I am a nova, all-exploding... planet-cremating.
MORPHEUS: I am the Universe -- all things encompassing, all life embracing.
CHORONZON: I am Anti-Life, the Beast of Judgement. I am the dark at the end of everything. The end of universes, gods, worlds... of everything. Sss. And what will you be then, Dreamlord?
MORPHEUS: I am hope.
12/06/08
Una noche con Hamlet, Dolor, Toscana, En el último trance, Un gallo para Esculapio, Abismo de Abismo.
Un día por la mañana, al abrir la puerta,/encontraste en el umbral los zapatos de baile./Era para besarlos y tú lo hiciste enseguida/y volviste a sentir alegría después de tantos años,/todas las lágrimas largo tiempo contenidas/ascendieron a tu risa./Luego te reíste y desde el alma rompiste a cantar/con la tranquilidad de la juventud.../No preguntaste qué hermosa/dejó los zapatos en el umbral./Nunca lo averiguaste/y, sin embargo, de aquel feliz momento/aún vives con frecuencia.
Querido palermitano, argentino boludo, hay algo que debes saber. Que yo sé. Y es...que...el consumo de soja transgénica puede afectar de una forma irreversible...irremediable...al funcionamento neuronal. Por eso, y por otras cosas, no debes fomentar la ingesta de ese producto, ni de otros productos que yo sé...que las personas queremos tragar.
Hace tiempo que no comemos un matambre napolitano. Ya no me tiras las copas de vino, ni quitas fotos a mi camiseta, ni a mi café. Tampoco te puedo leer, ni tú me puedes dibujar. Ya sólo trabajamos entre libros y entre polvo...y algún que otro día nos movemos hasta un almacén que queda lejos... para llegar, al final, ya muy tarde ,hasta el cuarto del otro.
Quiero saber si hoy vas a estar en tu mesa, por eso de pasarte a buscar y hablar de paso con Manuel del tema de Valle Inclán...y así me acompañas al mercado, que el frigorífico está vacío. Mi sillón está vacío. Mi baño. Y mis dos habitaciones.
11/06/08
10/06/08
  


































