11/06/08

Onte pola tarde recibín unha chamada dunha empresa de conxelados catalana. A comercial en cuestión me interrogaba sobre a conveniencia de recibir un pedido no meu piso de Badalona o día 12 de xuño. Os gatunos do saco Loreak Mendian tiveron a xenial idea de roubarme e facer un encargo a unha empresa de conxelados co meu número do traballo... dando no devandito a súa dirección e os seus datos persoais. Para colmar o meu mundo surreal...e como non tomei por ben dar de baixa o meu número de empresa; a historia continua coas mensaxes que os amigos dos gatunos me deixan na miña caixa de correo...indicándolles como facer para saquearme y en resumen follarme el culo. Si,estou nunha etapa anal...que pasa? Sei que se me sento nun banco ou nunha cadeira e espero que a gacha saia do seu apartamento para is ás compras...no momento de pagar quitará unha linda e draculina carteira de Mont Blanc...en otros tiempos mía. Sei o seu nome, a súa dirección, o seu traballo, onde naceron, os fillos que teñen, os amigos que teñen, os seus estudos...sei que eran a parella con fillo que estaba sentada nunha zona de fumadores sen fumar, que ela levaba unha camiseta branca e un pantalón da mesma cor, sei que teñen un fillo que xogaba cunha cordiña, desas que se empregan para atar as bandexas de pasteis, nunha especie de bondage incomunicado. O neno non erguía a testa e ollaba para as mans anoadas. Cando roubamos un saco deberiamos de reflectir no que o saco contén...este en concreto, a miña vida. A miña medicación, da que tiven que prescindir un día e medio e que provocou visións alucinadas pola Rambla de Catalunya...os meus recordos de Cuba e Buenos Aires. Un pequeno neceser do Petit Prince onde se le: Dessine moi un mouton. Cunha cabriña e unha caixa. Os anticonceptivos. As tarxetas de visita. Dous xogos de chaves. Desodorante, contorno de ollos e crema de beizos. E unha presenza inquedante que son eu mesma e que me fai repetir o de que há outra mulher em mim que nâo conheço. Eu?

3 comentários:

El joven Bryan Superstar disse...

teño o teléfono de LOS MIAMI, por se queres que lles faga un encargo

Iria disse...

Eu tamén teño un teléfono rojo para este tipo de emrexencias. Ben sabes que non consego abandonar a miña vea fascista.

Iria disse...

Bon...alomenos serviu para que acabara con todos os bolsos negros de Loreak Mendian...xa teño un novo.