26/08/08

Para as persoas interesadas hoxe toca en Noia a orquestra Sintonía de Vigo. Sei que aos fans das orquestras lles dou noxo por ser a típica tocapelotas á que lle molesta o ruído e as aglomeracións de novos ricos (vidos a menos). Só teño un bo recordo de dúas actuacións: Primeiro- na alameda de Noia, cun saxofonista parecido a Leoncio e unha cubana sudando por la entrepierna. Segundo- nas Pardiñas, orquesta Los Españoles, a cantante cuatro por cuatro cun vestido de lentejuelas blanco cun rombo xigante vermello no medio do seu peito, da súa pube, das súas costelas, da súa barriga. Xigante...e eu tan pequena.

Sem comentários: