03/07/08

Eu pensaba que no verán ía facer máis calor. Por iso estou contenta. Falaba de bolas chinesas, de dildos, de mulleres que denuncian a morte a pedradas doutras mulleres nun banlieu de Paris (estou ata as pelotas da banalización do significado de feminista, deitarse con vinte homes nunha noite non é ser feminista carallo!!! ). Estou ata as pelotas da banalización do significado de feminista, de que haxa un grupo de homes que din sentirse deprotexidos porque agora nos prestan moita atención.... porque o mesmo feito de prestarnos atención, nunha sociedade supostamente normalizada, é cando menos estrano. E mil e un matices teóricos e prácticos, tan superados (por min), que me nego a volver a debatir sobre si estou dacordo ou en contra da prostitución, sobre quen era Simone de Beauvoir, sobre as teorías burguesas (jajajajaja, que vexo eu a unha gacha do Congo quitando tempo do tempo que ten para ir buscar auga para criar estatutos sufraxistas)... sobre os xéneros, sobre a Wittig e sobre a virgen María. Lean joder....vivan....non queren opinar...a opinión debe ser elitista ou non é. Estou cansa de querer aparentar. ( E por elitista, por se non se entende, comprendo opinión elevada e meditada. Nin clase social, nin lecturas previas)

Sem comentários: