18/06/08

Herdei do meu avó os seus cadernos de peixes. Navegacións norueguesas que daban para ficar en portos, ter toallas de algodón e medias de cristal.
Aprendín a fisionomía do animal, as súas aplicacións culinarias...por exemplo...do cabracho, pois do cabracho faise unha sopa moi saborosa. O peixe globo...pois co peixe globo hai que andar con coidado na disección das vísceras xa que é velenoso. De feito se ao rematar a zanpada do fugu continúas viva debes darlle os parabéns ao cociñeiro (Mundo Mishima) .Tamén me falaba dos peixiños voladores, dun peixe vela que subiran á cuberta e unha vez alí instalado despregou con vehemencia a súa aleta dorsal. Falábame dos lábridos, pequeniños e serviciais, que limpan a boca do mero e amais son hermafroditas. O meu avó fixo vinte mil leguas... ata na Guinea collera o escorbuto e quedara sen dentes...gostaba do sal, das galiñas e de afiar o fouciño contra unha pedra na que moraba unha lagarta.

Sem comentários: