29/06/08

28/06/08

Coñezo a un home que garda nun caderno negro ás mulleres que conseguiu sodomizar. Despois, estas gatiñas, revoltadas... escriben mensaxes públicas de desamor...e din o que só conseguimos decir cando nos foden unha parte do corpo tan delicada...con forza e cun falo ben groso...que este home garda algún sinal, que ainda que está só gosta de ser observado, que é malvado e sádico e que despois de andar con unha e con outra e con outra máis...ainda espera que se lembren e soñen con el. Sei que comeza beixando e lamendo a parte delicada en cuestión... deixemos a ética e poñamos os xeonllos e as mans a un andar. Sei que as palabras en francés agroman na boca non ocupada. As miñas palabras en francés, o meu corpo acurrucado, os meus ollos fitando. E ti, semella que con todo mesturado, con fluidos, empurrando...non consigues lembrarte dos meus peitos...pois son os peitos de moitas outras ás que tamén amas.

27/06/08

Merendo na cociña, penso que do que máis gostaba era do plátano, do pan e do chocolate. Metía o chocolate, así...á forza... no chusco e ficaba un miolo gordo e gorentoso na parte de preto do currusco, que eu deixaba para o final. Para comelo despois de todo e beber un copo de auga.

Vía Batman e Robin, Songoku e Arale. Despois apoiábame no petril da xanela e ollaba para o peixe. Dunha vez rompera o vidro da casa do peixe, só unha parte do vidro...de xeito que a forma do corte semellaba unha faca árabe de destripación. Eu pasara o dedo polo borde e cortaráme conscientemente.

Espero.

26/06/08

Félix Valloton, La Malade. 1892. Son unha muller doente. Dóeme espertar. Erguerme. Poñer a pantufla. Camiñar. Lavarme.

25/06/08

Anxos gañou o San Clemente. Así nacen as baleas, así nacen os peixes, así nacen os ovos...Anxos, a miña admirada e amada Anxos.

Moi por enriba da auga e da dor.

Levo unha semana lendo exemplares da revista Eco, revista que apareceu no ano 1960 en Bogotá. Fundada e mantida por Karl Buchholz, co apoio do goberno alemán a través de Inter Naciones, preocupouse por divulgar a aqueles escritores alemáns que podían ter interese para o público hispanofalante. Leo o especial que fixeron sobre Hölderlin. Tamén identifico colaboradores como Adorno, Hannah Arendt, Walter Benjamin, Gottfried Benn, Böll, Canetti, Celan, Handke, Hesse, Thomas Mann, Trakl, Steiner... bon, hai momentos nos que me emociono e choro como eu choro, como un gatiño...inmóbil. Este señor, o Buchholz, era unha persoa que obrigaba aos seus clientes a levar os cadros para a súa casa, durante uns meses, antes de compralos. A ver se asumían a presenza. Eu, ao rematar a montaña máxica pasara un día sin falar.

24/06/08

é tenro e doe este filme, cando o acabei de ver (máis unha vez) descubrín os peliños do xersei da muller. Eu tamén teño un pixama con peliños e un gato azul, co que leo e co que falo polo teléfono. Téñoo posto ás veces. Hai días nos que quito a parte de abaixo e queda a casaca rosa co gato...e vexo as miñas pernas a moverse (debo ter o síndrome ese das pernas que non paran). Movo os dedos dos pés, engrúñoos...e son capaz de deixar un dedo teso.
Eu hoxe gostaría de comer un chuletón de vaca, pouco feito.
Cunhas lascas de foie por acima, con sal Maldon...con espárragos, cunha rodela de ananás á prancha e un pouquiño de risotto con boletus.
Unha salada de rúcula, un morango de sabor encantador e unha botella de Belondrade y Lurton do 2006. Muuuuuu...teño fame. Non dá pasado esta mañá infesta...e agora me lembro doutro viño aframbuesado o Lurton Torrontés 2006.

Coman e forniquen mentras poidan....e a ser posible, que de fondo pasen o filme de Fritz Lang, The woman in the window...fogo!!!

23/06/08

Mañá lavarei a cara coa auga das herbas da noite de San Xoán. No día de hoxe, os amigos veñen á casa da Calzada para que a miña avoa os persigne, mentras recita o Credo, antes de que se recolla o sol.

20/06/08

Adoro a Calcifer. É un personaxe moi semellante ao de Kamaji, o vello de seis brazos da viaxe de Chihiro. Mais Calcifer tén moito charme... resulta un cadiño ridículo que una charme coa palabra Calcifer.

18/06/08

CHORONZON: I am a dire world, prey-stalking, lethal prowler. MORPHEUS: I am a hunter, horse-mounted, wolf-stabbing. CHORONZON: I am a horsefly, horse-stinging, hunter-throwing. MORPHEUS: I am a spider, fly-consuming, eight legged. CHORONZON: I am a snake, spider-devouring, posion-toothed. MORPHEUS: I am an ox, snake-crushing, heavy footed. CHORONZON: I am an anthrax, butcher, bacterium, warm-life destroying. MORPHEUS: I am a world, space-floating, life nurturing. CHORONZON: I am a nova, all-exploding... planet-cremating. MORPHEUS: I am the Universe -- all things encompassing, all life embracing. CHORONZON: I am Anti-Life, the Beast of Judgement. I am the dark at the end of everything. The end of universes, gods, worlds... of everything. Sss. And what will you be then, Dreamlord? MORPHEUS: I am hope.
Herdei do meu avó os seus cadernos de peixes. Navegacións norueguesas que daban para ficar en portos, ter toallas de algodón e medias de cristal.
Aprendín a fisionomía do animal, as súas aplicacións culinarias...por exemplo...do cabracho, pois do cabracho faise unha sopa moi saborosa. O peixe globo...pois co peixe globo hai que andar con coidado na disección das vísceras xa que é velenoso. De feito se ao rematar a zanpada do fugu continúas viva debes darlle os parabéns ao cociñeiro (Mundo Mishima) .Tamén me falaba dos peixiños voladores, dun peixe vela que subiran á cuberta e unha vez alí instalado despregou con vehemencia a súa aleta dorsal. Falábame dos lábridos, pequeniños e serviciais, que limpan a boca do mero e amais son hermafroditas. O meu avó fixo vinte mil leguas... ata na Guinea collera o escorbuto e quedara sen dentes...gostaba do sal, das galiñas e de afiar o fouciño contra unha pedra na que moraba unha lagarta.
Telefoneite antes de ficar a durmir, eran as tres da mañá. Pensei en ler un libro, en comer alcaparrones, en ver El baile de los vampiros (nunca penso en beber leite)...mais durmo na boca como os gatiños.

16/06/08

Tu me manques.
Teño unha gata que se chama Simone.

12/06/08

Una noche con Hamlet, Dolor, Toscana, En el último trance, Un gallo para Esculapio, Abismo de Abismo.

Un día por la mañana, al abrir la puerta,/encontraste en el umbral los zapatos de baile./Era para besarlos y tú lo hiciste enseguida/y volviste a sentir alegría después de tantos años,/todas las lágrimas largo tiempo contenidas/ascendieron a tu risa./Luego te reíste y desde el alma rompiste a cantar/con la tranquilidad de la juventud.../No preguntaste qué hermosa/dejó los zapatos en el umbral./Nunca lo averiguaste/y, sin embargo, de aquel feliz momento/aún vives con frecuencia.

Dafoe e Argento no filme de Abel Ferrara, New Rose Hotel. Gosto muito de Dafoe.

Querido palermitano, argentino boludo, hay algo que debes saber. Que yo sé. Y es...que...el consumo de soja transgénica puede afectar de una forma irreversible...irremediable...al funcionamento neuronal. Por eso, y por otras cosas, no debes fomentar la ingesta de ese producto, ni de otros productos que yo sé...que las personas queremos tragar.

Hace tiempo que no comemos un matambre napolitano. Ya no me tiras las copas de vino, ni quitas fotos a mi camiseta, ni a mi café. Tampoco te puedo leer, ni tú me puedes dibujar. Ya sólo trabajamos entre libros y entre polvo...y algún que otro día nos movemos hasta un almacén que queda lejos... para llegar, al final, ya muy tarde ,hasta el cuarto del otro.

Quiero saber si hoy vas a estar en tu mesa, por eso de pasarte a buscar y hablar de paso con Manuel del tema de Valle Inclán...y así me acompañas al mercado, que el frigorífico está vacío. Mi sillón está vacío. Mi baño. Y mis dos habitaciones.

11/06/08

Comentarios sobre ZOO: "Puedes ver el video de un asesino amenazando con cargarse a todo dios (tras haberlo llevado a cabo), pero no puedes oirle decir f*ck (ni siquiera puedes ver como dice f*ck en sus labios). Los americanos aprovechan todo para venderlo. Un caballo le rompio el orto y le hacen una pelicula… hay de todo ya". Zoo, é un documental fantástico sobre a historia dun home sodomizado por un cabalo.
Onte pola tarde recibín unha chamada dunha empresa de conxelados catalana. A comercial en cuestión me interrogaba sobre a conveniencia de recibir un pedido no meu piso de Badalona o día 12 de xuño. Os gatunos do saco Loreak Mendian tiveron a xenial idea de roubarme e facer un encargo a unha empresa de conxelados co meu número do traballo... dando no devandito a súa dirección e os seus datos persoais. Para colmar o meu mundo surreal...e como non tomei por ben dar de baixa o meu número de empresa; a historia continua coas mensaxes que os amigos dos gatunos me deixan na miña caixa de correo...indicándolles como facer para saquearme y en resumen follarme el culo. Si,estou nunha etapa anal...que pasa? Sei que se me sento nun banco ou nunha cadeira e espero que a gacha saia do seu apartamento para is ás compras...no momento de pagar quitará unha linda e draculina carteira de Mont Blanc...en otros tiempos mía. Sei o seu nome, a súa dirección, o seu traballo, onde naceron, os fillos que teñen, os amigos que teñen, os seus estudos...sei que eran a parella con fillo que estaba sentada nunha zona de fumadores sen fumar, que ela levaba unha camiseta branca e un pantalón da mesma cor, sei que teñen un fillo que xogaba cunha cordiña, desas que se empregan para atar as bandexas de pasteis, nunha especie de bondage incomunicado. O neno non erguía a testa e ollaba para as mans anoadas. Cando roubamos un saco deberiamos de reflectir no que o saco contén...este en concreto, a miña vida. A miña medicación, da que tiven que prescindir un día e medio e que provocou visións alucinadas pola Rambla de Catalunya...os meus recordos de Cuba e Buenos Aires. Un pequeno neceser do Petit Prince onde se le: Dessine moi un mouton. Cunha cabriña e unha caixa. Os anticonceptivos. As tarxetas de visita. Dous xogos de chaves. Desodorante, contorno de ollos e crema de beizos. E unha presenza inquedante que son eu mesma e que me fai repetir o de que há outra mulher em mim que nâo conheço. Eu?

10/06/08

Bondage, santo bondage...atada, dominada, inmobilizada. Non me digades que isto non é pedagóxico...as escolas deberían ensinar a facer nós, a comprometernos...e non a perder o tempo coa resurrección da carne. Penso que esta unidade didáctica me estimula, saca o mellor de min, o que os meus amigos saben, o que ti vas a saber. Fagamos edicións críticas, mostremos a única verdade. Coidemos o papel, ás mulleres e aos homes que desexan publicar (que desexan ser atados e observados perversamente). Peguémoslles unhas boas cachetadas para que se deixen de historias cos intermediarios. Son axente que se expón a ser roubada e sodomizada en Barcelona. Que mercado queremos ? que libros? onde? que xurados existen para premiar o que só se toca coa puntiña da língua?
MANARA.

En Lleida descubrín unha D.O. chamada Costers del Segre. Comín ternasco, caragols, esqueixada e escalivada. Subín ata a Seu Vella que tén un claustro gótico fermoso e andiven camiñando un cadiño, e xa de noite, polas rúas e polos bares. Gosto da gastronomía catalana...gosto dos calçots, das ceboliñas calzadas con terra como zapatos tristes e medias brancas. Gosto da salvitxada e dos centos de encurtidos que elaboran. Como eu de nena quería ser o Conde Drácula vou convertirme nalgo intermedio, en canívala, vou engulir aos mossos e aos gatunos. Collerei o mellor do inimigo e cuspirei o resto sobre Boris Vian. MU!

A Papelera Palermo, en Honduras 4945 (Palermo), traballa -como ben indica o seu nome- moitísisimas formas e feituras de papel (en Batik son un referente). Pasei tempo cheirando e tocando as cousas da loja, comprei eses cuadernos que aparecen enriba e despois funme para o hotel carregada de árbores, follas e manteiga.

Le dernier cri, Les frères Guedin, Famille Couilles.

09/06/08

Non todo foi mau/malvado en Catalunya. En Lleida, o Galeusca correu moi ben e tiven a sorte de coñecer aos de Txalaparta. Nesta editorial o García Viñó publicou "EL PAÍS: La cultura como negocio". Eu gosto de La Fiera Literaria grazas a ti, por iso falei con Mikel dese encontro.
Roubáronme o saco en Barcelona. Roubaron as tarxetas, a axenda de contactos, a carteira, o diñeiro, os dous móbiles...roubáronme a vida que agora saben que teño. Se por algún casual teñen que contar coa fantástica axuda dos mossos ... non o pensen dúas veces...contraten a tres sicarios y búsquense la vida. Contraten a Batman. Contraten a Robin. Contraten a la madre del cordero. A ángel Cristo...ou a un domador anónimo. Contraten a alguén para que sodomice ata o último anaco do seu cu sodomizable...e vivan a experiencia. Dous dediños, mollar un pouco o asunto e a gozar.

04/06/08

CARTA II. Estás lejos y al sur/ allí no son las cuatro./ Recostado en tu silla/ apoyado en la mesa del café/ de tu cuarto/ tirado en una cama/ la tuya o la de alguien/ que quisiera borrar/ -estoy pensando en ti no en quienes buscan/ a tu lado lo mismo que yo quiero-./ Estoy pensando en ti ya hace una hora/ tal vez media/ no sé./ Cuando la luz se acabe/ sabré que son las nueve/ estiraré la colcha/ me pondré el traje negro/ y me pasaré el peine./ Iré a cenar/ es claro./ Pero en algún momento/ me volveré a este cuarto/ me tiraré en la cama/ y entonces tu recuerdo/ qué digo/ mi deseo de verte/ que me mires/ tu presencia de hombre que me falta en la vida/ se pondrán/ como ahora te pones en la tarde/ que ya es la noche/ a ser/ la sola única cosa/ que me importa en el mundo.
Y TU VESTIDURA ES BLANCA. Tienes la cabeza inclinada y me miras,/ y tu vestidura es blanca,/ y un seno asoma por el encaje/ suelto sobre el hombro izquierdo./ Me rebasa la luz; tiembla/ y toca tus brazos desnudos./ Vuelvo a verte. Palabras/ cerradas y rápidas decías,/ que ponían corazón/ en el peso de una vida/ que sabía de circo./ Profundo el camino/ sobre el que descendía el viento/ ciertas noches de marzo/ y nos despertaba desconocidos/ como la primera vez.

02/06/08

Rocco, Rocco, Rocco, Rocco!!!!
Estou a mudar de vivenda. Comecei esta fin de semana mais foi imposible rematar (onte ás doce estaba deitada no sofá mentras falaba contigo). O meu apartamento é amplo, con luz e os libros multiplícanse ocupando as paredes como o lique. Como este xoves vou para Lleida non vou ter tempo para arrumalos e o domingo ao chegar estarán á espreita. Terei o corpo cheo de amor (a referencia correcta é "teño a polla/coño chea/cheo de amor", adaptación libre dunha conversa que sae en Magnolia), unha mala con roupa suxa e unha lavadora con tarifa nocturna. Teño un Porto LBV que me adora..di que me quere moito. Que a ver cando vou polas adegas do António.
EN LLEIDA, DO 5 AO 7 DE XUÑO DE 2008. Os editores galegos, vascos, cataláns e valencianos reúnense en GALEUSCA 26/05/2008 Co obxectivo de establecer políticas de actuación comúns e reflexionar sobre a situación da industria editorial nas culturas con lingua propia do territorio español, celébrase a quinta edición do Galeusca de Editores. A cidade de Lleida acollerá dende o xoves 5 ata o sábado 7 de xuño unha serie de mesas redondas que versarán sobre as axudas á edición, a gratuidade do libro de texto, os dereitos de autor e a proxección no exterior, e nas que está previsto que participen representantes da Asociación Galega de Editores (AGE) desprazados ao encontro neses días(...)AGE.
Womam with dog. Duane Hanson, 1977. Do 30 de maio ao 4 de agosto vamos poder asistir á exposición deste señor na Fundación Canal en Madrid. A entrada é libre. Hoxe, mentras tomaba o pequeno almoço, sentinme alegre por sabelo aquí. Cando vin, por primeira vez, as súas esculturas enfrontei a miña tristeza coas dos seus ollos.