24/06/08

é tenro e doe este filme, cando o acabei de ver (máis unha vez) descubrín os peliños do xersei da muller. Eu tamén teño un pixama con peliños e un gato azul, co que leo e co que falo polo teléfono. Téñoo posto ás veces. Hai días nos que quito a parte de abaixo e queda a casaca rosa co gato...e vexo as miñas pernas a moverse (debo ter o síndrome ese das pernas que non paran). Movo os dedos dos pés, engrúñoos...e son capaz de deixar un dedo teso.

Sem comentários: