10/07/08

Agora que nos expoñemos e podemos agarrarnos das manciñas pola rúa. E beber un copo sen necesidade de mirar para o do lado.

09/07/08

Deixei a vida en Paris hai dous meses. Hai dous meses que deseñei un grande NON e comecei a respirar noutras latitudes. En Buenos Aires está frío e saen avións. Nunha semana vou recibir a chamada dun amante que prenderá o teléfono e dirá: Eu sempre te amei. E eu digo: MU!!

Olvidar olvido até de apagar o leite e de comprar o cardamomo para o café. Socorro dime que non me preocupe, que todos perdemos memoria...mais eu tiven que botar man dunha grabadora que cada media hora conecto e me repite as cousas que teño que facer. Iria vai para a cama...e Iria vai para a cama. Iria quita as calzas e Iria quita as calzas. Iria...chamaches aos das flores e Iria chama aos das flores. Iria esperta suada estes días...as camisas de noite están enchoupadas nos seios e no pescozo. Tamén soñamos en quente. Eu soño en quente, en húmido esperto e digo: Iria perdeches facultades.

O outro día na Tasca falabamos de como nos chamabamos cando falabamos en terceira persoa: Ti dixéchesme Ghillermo eu díxenche Iria. Cando emprego o nome propio de alguén para chamalo e non digo: Guille ou Soco ou Monchi ou Manolito ou Fede...é para mostrarlle algo moi fundo.

Federico quérote.

Onte, mentras agardaba a entrar no médico, un vello contounos que nunha crise de ansiedade por falta de alcol, tiveron que agarralo dous senadores e meterlle unhas labazadas. O home non quería que lle puxeran unha inxección pois segundo entendín...bebía viño branco, con viño tinto, güisqui con cognac e cerveza con anis...Pola noite, e xa na casa (pois o de esperar a entrada na consulta ben pudo alongarse ata a noite), conectei con Roma e lembreime dos senadores que agarraran ao gacho.

Esto ben pudo dar para un titular do Correo Gallego tipo: La asesina de ancianas de Barcelona preparaba tortillas para la Policía (Este titular non mo estou a inventar). Esto sería así: Doña Valentina Hernández Santamaría y Don Carlos Andrés García Varela, candidatos al senado por FE de las JONS, inmovilizan en el Clínico a un anciano con delirium tremens.

El señor Eldemiro, debido a la catarsis, decidió quitar el "cuchillo de matar o porco", según sus declaraciones. Cuchillo que guardaba en un armario, destinado en origen para el acubillaje de ropa y productos de aseo. (Estes datos tampouco mos estou a inventar susurróunolos na tarde de onte, mentras esperaba a entrada no médico).

08/07/08

Triste e contenta. A tristeza, di o meu médico que non a vou poder erradicar. Guille díxome que durmira que me ía vir ben. Pode ser. Teño un día de malucos, con informes para a nova vida en Latinoamérica. Bibliodiversidade e editoras independentes.

Eu para ser feliz quero fornicar.

07/07/08

"Querido:Estoy segura de que me vuelvo loca de nuevo. Creo que no puedo pasar por otra de esas espantosas temporadas. Esta vez no voy a recuperarme. Empiezo a oír voces y no puedo concentrarme. Así que estoy haciendo lo que me parece mejor. Me has dado la mayor felicidad posible. Has sido en todos los aspectos todo lo que se puede ser. No creo que dos personas puedan haber sido más felices hasta que esta terrible enfermedad apareció. No puedo luchar más. Sé que estoy destrozando tu vida, que sin mí podrías trabajar. Y sé que lo harás. Verás que ni siquiera puedo escribir esto adecuadamente. No puedo leer. Lo que quiero decir es que te debo toda la felicidad de mi vida. Has sido totalmente paciente conmigo e increíblemente bueno. Quiero decirte que… Todo el mundo lo sabe. Si alguien pudiera haberme salvado, habrías sido tú. No me queda nada excepto la certeza de tu bondad. No puedo seguir destrozando tu vida por más tiempo.No creo que dos personas pudieran haber sido más felices de lo que lo hemos sido nosotros. V."
Considerei que podería chorar e falar a un tempo...mais a miña dor non da resposta nin descanso.

03/07/08

E quero un avión. Un avión, un avión, un avión.
Onte, antes de que comezara Dexter, púxenme cómoda no meu fantástico e sátiro sofá para revisar ó Kiss e a Retranca. Algo malo está a pasar co Kiss pois mentras me tentaba concentrar nalgúns detalles din así...como unha especie de cabezada e fiquei a durmir uns quince minutos coa revista aberta polas primeira páxinas...mmmmm. Para os de Retranca xa gardo outra clase de consideracións. Qué le voy a hacer si el abuelo es gay?
Kiki Smith "My Blue Lake" 1995
Eu pensaba que no verán ía facer máis calor. Por iso estou contenta. Falaba de bolas chinesas, de dildos, de mulleres que denuncian a morte a pedradas doutras mulleres nun banlieu de Paris (estou ata as pelotas da banalización do significado de feminista, deitarse con vinte homes nunha noite non é ser feminista carallo!!! ). Estou ata as pelotas da banalización do significado de feminista, de que haxa un grupo de homes que din sentirse deprotexidos porque agora nos prestan moita atención.... porque o mesmo feito de prestarnos atención, nunha sociedade supostamente normalizada, é cando menos estrano. E mil e un matices teóricos e prácticos, tan superados (por min), que me nego a volver a debatir sobre si estou dacordo ou en contra da prostitución, sobre quen era Simone de Beauvoir, sobre as teorías burguesas (jajajajaja, que vexo eu a unha gacha do Congo quitando tempo do tempo que ten para ir buscar auga para criar estatutos sufraxistas)... sobre os xéneros, sobre a Wittig e sobre a virgen María. Lean joder....vivan....non queren opinar...a opinión debe ser elitista ou non é. Estou cansa de querer aparentar. ( E por elitista, por se non se entende, comprendo opinión elevada e meditada. Nin clase social, nin lecturas previas)

02/07/08

L'appel pour un nouveau combat féministe! Parce que nous voulons réaffirmer la liberté durement acquise des femmes à disposer de leur corps.Parce que les idées universalistes ont changé radicalement la condition des femmes, parce qu'elles nous ont appris qu'un sexe ne devait pas prédéterminer un destin.Parce que les principes de laïcité et de mixité qui en découlent sont les garants de l'égalité des sexes.Parce qu'il n'y a pas de combats plus urgent pour l'émancipation des femmes que celui de la lutte contre toutes les formes d'intégrisme et d'obscurantisme.
Lost Girls.

01/07/08

Adivina, adivinanza...probado, contrastado...o mellor aparello dos últimos dous anos. E non é para o Ipod.
Tadashi Agi e Shu Okimoto e o seu manga sobre viño. Esta tempada na Fnac.fr ofrecen unha selección de manga et gourmets. Aledeime de atopar, non podía ser doutra forma, Les Gouttes de Dieu. A atención dos medios en Francia a esta publicación foi incrible...supoño que unha historieta semellante aquí: con "O Ribeiro, viño de desolación". Ou "Un godello para Mari Nieves". Ou "Parker e o Mencía" atendendo á moda da crianza en barrica (Proben o Alanda D.O. Monterrei)...sería motivo de cachondeo general.
O ano pasado Ramón ofreceume polo meu aniversario o libro Emigrantes de Shaun Tan, editado por Barbara Fiore. É un libro tan fermoso que doe. A dor, nestes casos, resúmese en lágrimas...eu choro e choro, como xa dixen, como unha gatiña inmóbil. Tamén chorara no avión, á volta do Saló de Barcelona, con El circo del desaliento.
Adoro a historia do señor Manolo o Maragoto, un home que pasaba todo o ano en mangas de camisa...un home forte, o home máis forte de todo Escarabote. Un día, no Bar Sirena (o bar da miña bisavoa), dixéronlle que era o home máis forte de todo Escarabote. Ao que el respondeu: Si, son o home máis forte...pero tamén o que máis frío paso.