13/08/08

Penso nas palabras que miro ou leo. Penso en emigrar a Buenos Aires. Bon...nos últimos meses todo xira en torno ao lume bonaerense. No amor e en amar. Digo que teño unha cama grande e síntoo entrar pola noite a poñer as súas pernas e os seus brazos sobre o meu peito direito ou sobre a miña espalda. Séntome nas súas pernas e fico a durmir e ronco. Digo que amo, que como boa trastornada, indago en vidas -FDté-, investigo para facerme dano. Sei por onde andaches unhas semanas antes de que nos coñeceramos, con quen, a quen lle dicias que traballase, que che roubara un beixo no cinema...ás escuras. Pero entras na miña cama. Sento ao sol na horta da casa antes de tomar a sobremesa, deitándome nas baldosas absorvo un cadiño de calor e recupero a vida plaquetaria. As plaquetas teñen o meu medo, todo. Eu teño moito medo á dor porque nunca descansa, nunca se deita ao sol.

1 comentário:

santha disse...

Amor:
Hay una cancion que dice " ¿puede alguien decirte me voy a comer tu dolor?"
Yo quiero comermelo, estirparlo de tu vida para que andes de sonrisa al sol, de pelo suelto al viento y de vestido.
Indagas sobre mi vida anterior y presupones un monton cosas que me temo no son asi, pero te entiendo porque se de donde venis y por todo lo que pasaste. Barthes dice que el sujeto amoroso es un sobreinterpretante, nadie mejor que yo y mi inseguridad entendemos de eso, creemelo. Te beso chiquita, te beso en la espera de besarte.

PD :A saber hace dos años que no voy al cine, la ultima pelicula que vi fue Babel con cuatro amigos.