18/08/08

Superheroes que esperan nas estacións entre as sombras. Con bo humor, con mal humor. Atopan a unha nena coas bragas quentes, sempre hai unha nena coas bragas quentes á altura dos xoellos...o peso dunhas vacacións, o peso do corpo dun can (olla, que non gosta de que o can suba á cama)...nas estacións de trens, nos aeroportos (porque cando voamos hai que avisar para que a xente suba aos convoios co tempo suficiente para comer unha milanesa con maionesa). Os superheroes nunca existiron para salvarme. Eu son unha marxinada. Hai trinta anos enclaustraríanme nun psiquiátrico para electrocutarme, si...para darme correntes. (Eu prefiro un home-muller, con boca de concha). Reviso os meus arquivos, ando a traballar de noite...de cando en vez poño Ciudadano Kane, movo os libros para unha parte da mesa e non me quero erguer pola mañá. Costa moito. Son unha enferma...penso en que son unha enferma acompañada mais repito que non quero superheroes, quero un home-muller sensible e con menos problemas mentais dos que eu teño. Na casa dos meus pais nunca puiden disfrutar dun cuarto propio. Dun cuarto onde poder levar aos amigos, ás amantes...iso impedía que coñecesen á miña nai e que acabasen gostando dela. Porque miña nai é hospitalaria e ainda que non me leva xelados nin bombóns ao cuarto, si me coida con camomilas. Nunha destas, mentras pasaba unha das miñas estadías en el lecho de muerte percibiu que gardaba os tickets do metro de Lisboa. Eran cartóns pequenos, cunha franxa prateada, destintados...perguntoume...para que gardas iso...dixen...por se teño que baixar ao andén a recoller a memoria.

Sem comentários: