25/06/08

Levo unha semana lendo exemplares da revista Eco, revista que apareceu no ano 1960 en Bogotá. Fundada e mantida por Karl Buchholz, co apoio do goberno alemán a través de Inter Naciones, preocupouse por divulgar a aqueles escritores alemáns que podían ter interese para o público hispanofalante. Leo o especial que fixeron sobre Hölderlin. Tamén identifico colaboradores como Adorno, Hannah Arendt, Walter Benjamin, Gottfried Benn, Böll, Canetti, Celan, Handke, Hesse, Thomas Mann, Trakl, Steiner... bon, hai momentos nos que me emociono e choro como eu choro, como un gatiño...inmóbil. Este señor, o Buchholz, era unha persoa que obrigaba aos seus clientes a levar os cadros para a súa casa, durante uns meses, antes de compralos. A ver se asumían a presenza. Eu, ao rematar a montaña máxica pasara un día sin falar.

1 comentário:

Unknown disse...

Coñeces a novela "La enferma"?
http://www.escritoras.com/escritoras/escritora.php?i=65
Elena Quiroga: acaba de contarme un Dieste que a protagonista desta novela toleou por Castelao e ficou muda para os restos. Era unha Dieste, pero non sei agora identificala. Alguén que lía en varios idiomas e tocaba o piano. Rafael Dieste deixou de falar con Quiroga cando escribiu esta novela. Polo visto, nela descríbese á perfección a casa de Dieste en Rianxo, onde estaba "La enferma".