27/06/08

Merendo na cociña, penso que do que máis gostaba era do plátano, do pan e do chocolate. Metía o chocolate, así...á forza... no chusco e ficaba un miolo gordo e gorentoso na parte de preto do currusco, que eu deixaba para o final. Para comelo despois de todo e beber un copo de auga.

Vía Batman e Robin, Songoku e Arale. Despois apoiábame no petril da xanela e ollaba para o peixe. Dunha vez rompera o vidro da casa do peixe, só unha parte do vidro...de xeito que a forma do corte semellaba unha faca árabe de destripación. Eu pasara o dedo polo borde e cortaráme conscientemente.

1 comentário:

santha disse...

que gatita porno con sus superheroes gays! jaja.

me encanta entrar aca y ver tus ojitos, a besarlos con los mios.

el argentino pelotudo