16/04/08

Se callar estes días en Barcelona, agora que ando vendendo e comprando e desexando fundamente vender e comprar, se convirten nun proxecto interesante, co que poder viaxar e adicarme a ler e recuperar libros. Antes de montar no avión estarei nervosa, levo mal pasar horas fechada con xente, mais agárdame un encontro co autor del Arte del Azote...e esas si son palabras MAIORES.

1 comentário:

Unknown disse...

Unha pequena axuda para a traducción, cando a fagas, ao galego: A arte do verjallaso. Supoño que fora de Coruña non te comerías moito, pero aquí arrasarías con ese título.
E cantos días levas para Barna? Axenda moi apretada? Algunha exclusiva para un xornal de comarcas? (nin a provincias chegamos, que reducidos somos, jajaja)