22/04/08

Di meu amigo Guillermo que pouco agardarei para ser mae, pois moi pronto na miña vida foi demasiado tarde. Aos dezaoito anos xa era demasiado tarde. E eu estou agora tan maior que xa non me vexo. Sinto que nestes días a vida foi, polo que como boa parturienta (en trámites)falemos, falemos de Akenomokoto, de María Vilar e de Álex Cal.
Hai unha muller que desexo sobre calquer muller, que tiven a sorte de atopar en Lisboa na Cinemateca e que descubrín en La Cérémonie cando era tan pequena como quería ser. Ela e Sandrine Bonnaire, animadas polo sempre pervertido e estimulantemente assassin Chabrol, compoñen unha ópera que para si quixera Gluck (ou non) , todo é querer no que escrebo. Despois dese filme chegou Heaven's Gate de Cimino coa súa Johnson County War, o afundimento da United Artist's e con Kristofferson, Walken, Bridges, Hurt, o meu amado e tamén desexado Dafoe e como non a miña amada e lambida Huppert. Loulou...Godard, Ferreri, Haneke, Wadja...pronto... unha boa caldeirada de maragota (que como xa expresei, é algo sublime na miña boca).
Vexo en Akenomoto unha necesidade de saber e sentir.(Véxoo de feito nas tres persoas devanditas). Vexo ese Gas-mask, autorretrato, consellos para "hacértelo sólo"e opinions-dun-cinefilo, véxoo e penso en Huppert e no bo que sería integralo neses filmes. Se consulto os seus gustos aparecen a ópera, tamén In the mood for love, Miyazaki, Sidharta, Kim-Ki-Duk, El camino a casa, La Isla ou Old Boy. Supoño que ao mirar o que miro no que deseña e escribe ben podería escribir ou pintar con Chet Baker, Count Basie, Thelonius Monk, Nina Simone ou Ryo Kawasaki ( le a Hobsbawm e Gente poco corriente).
Eu recoñezo a familiaridade de todo e presupoño o seu interés pola vinganza, polos entramados do corpo, polo sadismo, por como cruzarse nunha escada cando vas comprar noodles coa muller coa que interpretas o filme dos dous amantes que enganan e doen...vexo nas formas a un velliño que vai ás aldeas con neve para arranxar as pezas de porcelana. Vexo a Bacon, a Egon Schiele, a Mc Kean...un cadiño se callar máis afastado do esteticista pero inmensamente aprofundado no detalle.
Hai un filme do que gosto moito que se chama Memories of Murder de Bong-Joon-Ho. Penso que debes (como no devandito filme) gardar a ironía, aprender a apresentar o humor como atopo no meu resabido Maruo, Otomo e as súas Pesadillas ou no fotógrafo Nobuyoshi Araki.
Segue o río como Sidharta, le a Jabès, escuta ,(ou le as letras) a IAM e L'école du micro de argent...hai días nos que tezo a un home no meu traballo paciente de amor, así como ti me teces noutros artesanados dos hábitos.

Sem comentários: