24/04/08

Este é o proxecto no que ando a traballar este ano. Un diccionario ilustrado onde mesturando pedagoxía e humor e seguindo o modelo americano dos libros de Don't Know much about the..., presentemos a evolución da disciplina a través das personaxes máis destacadas nese ámbito científico. As ilustracións e o deseño son de Xosé Tomás e os textos de Ricardo Cao, Aurora Labora, Salvador Naya e Matilde Ríos (este póster pertence a un congreso no que os devanditos participaron). Amoseino o ano pasado en Frankfort e tivo unha moi boa acollida, especialmente por parte dun editor francés ( alors...os direitos de publicación están negociados para Francia)...o que derivou en que esa noite decidira comer un cocido alemán e comprar un eiswine para celebralo na soidade do meu cuarto de hotel (case como a muller de Hopper, lendo, suicida e coas pernas núas).
Pasifican os meus traballos como a uva xelada que madura na neve.

Sem comentários: