03/04/08

Agora estou a ver hoteis para Barcelona e nas datas do Saló está imposible. Germán anda a traballar ben e moito...eu polo de agora só preciso un cuarto para durmir e lavarme. Tamén atopar o restaurante onde preparan o foie con cebola mmmmmmmmmm.

Pronto...ando estes dias mal durmindo. Onte empecei a ver a primeira temporada de Alfred Hitchcock presenta...gosto. Especialmente do capítulo onde todos cren que o home está morto. E o morto-non morto non é capaz de moverse, nin de falar, nin de fechar os ollos...ten mala sorte o home. Isto da vinganza, do castigo, da xustiza...como que no fondo sempre me molestou. Porque pasado o momento, eu tan prea, xa me esforcei chorando, xa metín o parche coa camomila no ollo esquerdo (que é o da migraña), xa fun malvada-maligna, xa sodomicei...despois pasa. Destruirse é bo para cada un, em próprio é dizer.

Despois do traballo irei camiñar polo paseo. E mañá, Xosé Tomás presenta a súa exposición na Sede de cultura de Caixa Galicia en Santiago, alí ao lado dos xubilados (como eu polo paseo).

2 comentários:

Unknown disse...

Chorar como unha das facetas máis caladas do xénero humano. Quero ler "Tratado do choro", "Chorar por chorar", "Farto de bágoas" ou algo semellante. Pero que se concentre no acto fisiolóxico de chorar, aínda que sexa con cebolas. Non me vale que só se indique no título, como nos ricos tamén choran, a telenovela.
Son descoñecedor de Hitchcok: só me acordo de que saía nas súas películas facendo cameos máis ben anecdóticos. Agora, non sei a conexión mental, lémbrame a Santiago Segura, que é un fan deste mestre. Segura está perdendo o pelo: de contado será Alfred.
Despois do paseo irei camiñar polo traballo, no que adoito a estar demasiado sentado. Agora que perdín o estrés de México saltoume o de Noia, co Davide. E non ía ir eu a Barna tamén?

Unknown disse...

Os alumnos dos institutos galegos xa teñen as obras finalistas entre as que escollerán os gañadores deste ano do Premio Juan de San Clemente. Anxos Sumai, Rexina Vega e Xesús Rábade son os autores que optan ao galardón na categoría de obras galegas. En novela castelán poden gañar Luís Landero, Rafael Chirbes e mais Guillermo Martínez. Finalmente, en canto a novelas estranxeiras, os lectores decidirán entre Hening Mankell, John Updike e mais Julian Barnes.

Noraboa a Anxos, de novo. E noramala para min, que me lembra todo o que me estou a perder en lecturas... Cunqueiro xa decía que o xornalismo era unha merda, porque o distraía do que a el lle gustaba, que era ler e escribir "de verdade"