04/04/08

Anxos Sumai e Así nacen as Baleas deben ( e deberán) ser autora e libro que me fagan replantexar o traballo de editora. Pregúntome se na lingua, na auga, nos obxectos que prendo do texto ou na bolsa que acompaña a Anxos cando trata de explicar o nacemento das ideas...non estarán boa parte das miñas lecturas, agora sei que partilladas. Anxos é un revulsivo en Galiza. Chus tamén. Onte fun pasear e onte tamén foi a presentación de Xosé Tomás (errei, isto me lembra a Pico en Air Galicia, programa que perdeu boa parte do que tiña de engraçado). Cabeza de vaca...mais é que ando outra vez ás voltas con Cortázar e Antonioni, agora que vamos quitar o Doutros Lados. Las babas del diablo e eu que estou morta. Tamén leo, desleo, toco e aprendo a David Rubín en El circo del desaliento e La tetería del oso malayo, ambos libros publicados en Astiberri (Colección Sillón orejero), onde tamén acaban de tirar Señal y ruído de Gaiman e Mc Kean, edición espantosa, como din as portuguesas. Dou unha volta na entrada ao sábado, hoxe espero que toque o Somontano na Tasca con Soco e Consuelo. O venres é un día desexable, fago o mesmo mais fágoo ben, cumpridamente. Tasca, Alborés e Babilonia...e se teño sorte poñerán de tapa raxo con pataca cocida mmmmmmmmmm Os meus luxos asiáticos...estirarme no sillón a ler pola tarde, comer caldeirada de pinto, ver a glicinia e a árbore xaponesa na horta. Bon, bon. P.D.: Olla...pásate por aquí.

1 comentário:

Unknown disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.