23/04/08

Houbo un tempo no que estiven en Paris, en Suresnes, e cadrou que Chagall expoñía (ou o expoñían no Grand Palais). Cando me atopo, así como quen non quere a cousa, con este deseño de Miguelanxo, penso na miña vida en Paris, no Bairro des Marais e na exposición do bielorruso, (do ruso branco que aquí sería como inuit e esquimal). Hai no meu lugar, un fragmento de Boris Vian, no que a morte toma a forma dun nenúfar, con gravidade e tenrura. Ao afrontar as relacións coas persoas e concretamente con Prado acredito en que no meu pulmón direito vai crecer esa flor, ou unha glicinia (os racimos violetas adorados por Virginia)...e non vai chegar nin o jazz, nin os croissants, nin a beleza para curarme. Chego así á conclusión de que en canto comezo a ter unha visión máis desolada das cousas, máis me convirto nunha inxenua. Será a flor a que quebre o teu debuxo e saia en min pola boca? Adoro morrer cun nenúfar no peito se gardo no corpo ese trazo.

2 comentários:

akeno disse...

humm tes unha forma de narrar incrible...e unha curiosa maneira de escribiren en galego...por certo moitisimas grazas por esa entrada que me adicaches e todo un honor pra min...cando teña algo de tempo farei o propio no meu blog...un saudo

Iria disse...

O pracer é meu...o feito de saber que existen persoas coa vosa sensibilidade (e cos anos que tedes...). Sempre ando buscando, buscanndo, buscando ese nenúfar que medre no pulmón ata que de súpeto...tac...te sentas con alguén nunha mesa e atopas o que por unha parte desde o punto de vista profisional é unha larpeirada de feira e por outro un neno ou unha nena que me fan confiar máis nas persoas.

É un deber como muller e como "marchante de feiras" facer o meu traballo...e o meu traballo consiste en dar a coñecer a xente con recursos os vosos traballos, os vosos gustos...vender os devanditos traballos...viaxar para coñecer xente que os compre, examinar mercados e todo ese rollito chinés de axente en ciernes.

Pronto...ao tal...que non fago isto para satisfacer o meu ego...senón porque me emociona(fundamente) atopar con exercicios de beleza como os que vós facedes...e a beleza éche algo moi grande ( como ben di o cura de Aguiño)

Unha aperta.