07/04/08

Chove. Ando cansa e con vontade de férias. Xa arranxei o do aloxamento en Barna (fico na casa dun amigo de Guille)...mais tes razón co das vacacións...non son vacacións...é mallar o corpo, aeroporto, avión, aeroporto, avión...peor se vas a América...Ando co corpo magoado. O doctor díxome que era a primavera, pero eu sei que teño algo máis de máis.

Esta fin de semana entregamos o Premio de Historia Medieval, ás 12, 30h. na Casa de Cultura de Porto do Son. Logo pola noite, ás 21, 00 h. vou a San Xenxo á Cea da Federación de Libreiros, fico a durmir lá. O xoves día 10 temos a reunión para analisar os resultados de La Habana no Salón de Actos de Filoloxía Galega. Mañá vou a Vigo e pasado espero poder quedar co D.P. na Tasca Típica ou no Babilonia. Olla que D.P. semella unha esquela de Pompas Fúnebres del Noroeste.

Houbo un tempo no que recibía a revista das funerarias madrileñas. Despois deberon saber que eu non tiña funeraria, ainda que unha editorial ten moito a ver. E falando de revistas, esta que vén con La Voz os domingos...que cada vez xira menos ao centro, Gallardón opus cit. Pois ben, este domingo sae Pérez Reverte en train de ensalzar LA PATRIA. Reafírmome na Fiera Literaria, HORROR!!!! A todo esto...teño que verificar se finalmente Ruiz Zafón entrega a novela definitiva...

3 comentários:

Unknown disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Iria disse...

Zafón leva adiando a entrega do seu manuscrito meses...e non é por nada...pero Céline é moito Céline para comparalo a un zulú como Reverte.

O das funerarias é glorioso, o do detalle de antes por exemplo: Pompas Fúnebres Amelia ao lado de Gardería Pitufos...pois iso, matar dous paxaros dun tiro, léase nuestras vidas son los ríos que van a dar a la mar...léase: que queres de almorzo neno Un cuarto de libra con queixo...pero aquí empregamos o sistema métrico decimal, polo tanto: unha empanada de coello.

Si, ainda ben que eu xa fixen unha doazón do meu corpo á ciencia, a ver se me doan eles a min unha peza de platino, polo que poida pasar..accidentes e tal e tal.

Sabes que un día como hoxe, pero en 1904, o Secretario da Corporación Municipal, D. Antonio Culebras, conduciu o estandarte na procesión da Soledad, por non querer aceptar tal encargo ningún dos señores que invitara o Concello. Culebras, ese hombre.

Unknown disse...
Este comentário foi removido pelo autor.