23/04/08

Falaba onte de María Vilar, a rapaza que andaba amosando os seus deseños a autores e editores no Saló...por certo que tiven moi pouquiño tempo para examinar as formas das mulleres que ela apresentaba...mais pronto...iso fica dentro doutra serie de perversións que non veñen ao conto(Pronto...si me quedei coa forma na que pintou os mamelons da garota).

Lembro que o comentario que fixen foi o de que as mulleres trazamos dunha forma distinta o corpo homónimo.

María ten no seu blog exemplos de acuarela, concretamente unha fantástica e moi estimulante felicitación navideña. Do mesmo xeito que o é tamén a homenaxe a Moebius, co que eu gosto de Jean Giraud e do seu Blueberry. Alédame moitísimo atoparme con persoas como ela cando viaxo...é un tópico mais constrúo as cidades con esas mulleres ou homes cos que me sento nunha mesa sin querer...como sin querer engulo as nubes xigantes e rosas de zucre nas feiras. Falo de feiras e de María e me lembro dos carruseis...gosto dos carruseis...tamén doutra atracción que se chamaba Galaxia, onde che tapaban cunha lona un cado fedorenta...mais o importante do xogo era o feito de cubrirche e de ir acompañada (agora tamén me lembro de Marcial, el gañán e a forma na que el cubre).

Pronto María...a ver se te decides a contactarme e conseguimos mover mellor eses deseños con humidades adquiridas (Di un amigo meu que ás veces non é preciso que faga fotos que son moi gráfica falando)...pronto, allez...permite ás miñas mans que collan a carpeta...para comezar...Sâo Paulo, Frackfort, Paris, México, Líber...quen dá máis. Ah...e por certo...en xuño volvo a Barcelona, a mover o meu negocio.

Sem comentários: