21/04/08

Foi tan bo Barcelona que non podo esquecer o ben que o fixo Germam Hermida. E o relindo que é Kiko da Silva. O novo exemplar de Barsowia ten unha portada tan traballada que doe...e doer tamén doe ler a David Rubín e o seu desalento. Por certo que As aventuras de Cacauequi de Jacobo Fernández son pasmosamente semellantes a comer un bocadillo de chourizo un domingo pola tarde, deitada no sillón...fantástico. María de Fuck Comics, espero que me atope para mover mellor eses debuxos e de Miguelanxo...Miguelanxo, Mon amour. Réndolle pleitesía.

Sem comentários: