28/04/08

Esta fin de semana foi o San Marcos en Noia. O sábado estiven coa miña sobriña (sobriña pero é filla da miña prima...isto de non ter irmás nin irmáns) e leveina aos chiringuitos e compreille algodón de sucre e xogamos cunha formiga á que lle fixemos un apartamento nunha tapa de zume de ananás. Tiña unha cama de chocolate e unha mesa de batata fritida. A miña sobriña non comprende o meu traballo. Non comprende por que lle falo a xente que non coñezo.Hai dúas cousas no mundo que lle dan medo sobre calquer outro medo: as persoas que a poidan roubar e o gas butano. Tampouco comprendo eu (e tamén me dá medo) que me pregunte por David, se penso en que só o veu unha vez cando tiña tres anos. Esta fin de semana voltei a soñar contigo e voltoume a doer a cabeza.

Sem comentários: