10/06/08

En Lleida descubrín unha D.O. chamada Costers del Segre. Comín ternasco, caragols, esqueixada e escalivada. Subín ata a Seu Vella que tén un claustro gótico fermoso e andiven camiñando un cadiño, e xa de noite, polas rúas e polos bares. Gosto da gastronomía catalana...gosto dos calçots, das ceboliñas calzadas con terra como zapatos tristes e medias brancas. Gosto da salvitxada e dos centos de encurtidos que elaboran. Como eu de nena quería ser o Conde Drácula vou convertirme nalgo intermedio, en canívala, vou engulir aos mossos e aos gatunos. Collerei o mellor do inimigo e cuspirei o resto sobre Boris Vian. MU!

2 comentários:

El joven Bryan Superstar disse...

Hai un viño desta denominación que te recomendo especialmente
Cérvoles

Lamento o acontecido en Barcelona

Iria disse...

Grazas señor. Tomo nota.