02/06/08

EN LLEIDA, DO 5 AO 7 DE XUÑO DE 2008. Os editores galegos, vascos, cataláns e valencianos reúnense en GALEUSCA 26/05/2008 Co obxectivo de establecer políticas de actuación comúns e reflexionar sobre a situación da industria editorial nas culturas con lingua propia do territorio español, celébrase a quinta edición do Galeusca de Editores. A cidade de Lleida acollerá dende o xoves 5 ata o sábado 7 de xuño unha serie de mesas redondas que versarán sobre as axudas á edición, a gratuidade do libro de texto, os dereitos de autor e a proxección no exterior, e nas que está previsto que participen representantes da Asociación Galega de Editores (AGE) desprazados ao encontro neses días(...)AGE.

Sem comentários: