02/06/08

Estou a mudar de vivenda. Comecei esta fin de semana mais foi imposible rematar (onte ás doce estaba deitada no sofá mentras falaba contigo). O meu apartamento é amplo, con luz e os libros multiplícanse ocupando as paredes como o lique. Como este xoves vou para Lleida non vou ter tempo para arrumalos e o domingo ao chegar estarán á espreita. Terei o corpo cheo de amor (a referencia correcta é "teño a polla/coño chea/cheo de amor", adaptación libre dunha conversa que sae en Magnolia), unha mala con roupa suxa e unha lavadora con tarifa nocturna. Teño un Porto LBV que me adora..di que me quere moito. Que a ver cando vou polas adegas do António.

Sem comentários: