29/06/08
28/06/08
27/06/08
Merendo na cociña, penso que do que máis gostaba era do plátano, do pan e do chocolate. Metía o chocolate, así...á forza... no chusco e ficaba un miolo gordo e gorentoso na parte de preto do currusco, que eu deixaba para o final. Para comelo despois de todo e beber un copo de auga.
Vía Batman e Robin, Songoku e Arale. Despois apoiábame no petril da xanela e ollaba para o peixe. Dunha vez rompera o vidro da casa do peixe, só unha parte do vidro...de xeito que a forma do corte semellaba unha faca árabe de destripación. Eu pasara o dedo polo borde e cortaráme conscientemente.
26/06/08
25/06/08
24/06/08
é tenro e doe este filme, cando o acabei de ver (máis unha vez) descubrín os peliños do xersei da muller. Eu tamén teño un pixama con peliños e un gato azul, co que leo e co que falo polo teléfono. Téñoo posto ás veces. Hai días nos que quito a parte de abaixo e queda a casaca rosa co gato...e vexo as miñas pernas a moverse (debo ter o síndrome ese das pernas que non paran). Movo os dedos dos pés, engrúñoos...e son capaz de deixar un dedo teso.
Eu hoxe gostaría de comer un chuletón de vaca, pouco feito.
Coman e forniquen mentras poidan....e a ser posible, que de fondo pasen o filme de Fritz Lang, The woman in the window...fogo!!!
23/06/08
20/06/08
18/06/08
CHORONZON: I am a dire world, prey-stalking, lethal prowler.
MORPHEUS: I am a hunter, horse-mounted, wolf-stabbing.
CHORONZON: I am a horsefly, horse-stinging, hunter-throwing.
MORPHEUS: I am a spider, fly-consuming, eight legged.
CHORONZON: I am a snake, spider-devouring, posion-toothed.
MORPHEUS: I am an ox, snake-crushing, heavy footed.
CHORONZON: I am an anthrax, butcher, bacterium, warm-life destroying.
MORPHEUS: I am a world, space-floating, life nurturing.
CHORONZON: I am a nova, all-exploding... planet-cremating.
MORPHEUS: I am the Universe -- all things encompassing, all life embracing.
CHORONZON: I am Anti-Life, the Beast of Judgement. I am the dark at the end of everything. The end of universes, gods, worlds... of everything. Sss. And what will you be then, Dreamlord?
MORPHEUS: I am hope.
12/06/08
Una noche con Hamlet, Dolor, Toscana, En el último trance, Un gallo para Esculapio, Abismo de Abismo.
Un día por la mañana, al abrir la puerta,/encontraste en el umbral los zapatos de baile./Era para besarlos y tú lo hiciste enseguida/y volviste a sentir alegría después de tantos años,/todas las lágrimas largo tiempo contenidas/ascendieron a tu risa./Luego te reíste y desde el alma rompiste a cantar/con la tranquilidad de la juventud.../No preguntaste qué hermosa/dejó los zapatos en el umbral./Nunca lo averiguaste/y, sin embargo, de aquel feliz momento/aún vives con frecuencia.
Querido palermitano, argentino boludo, hay algo que debes saber. Que yo sé. Y es...que...el consumo de soja transgénica puede afectar de una forma irreversible...irremediable...al funcionamento neuronal. Por eso, y por otras cosas, no debes fomentar la ingesta de ese producto, ni de otros productos que yo sé...que las personas queremos tragar.
Hace tiempo que no comemos un matambre napolitano. Ya no me tiras las copas de vino, ni quitas fotos a mi camiseta, ni a mi café. Tampoco te puedo leer, ni tú me puedes dibujar. Ya sólo trabajamos entre libros y entre polvo...y algún que otro día nos movemos hasta un almacén que queda lejos... para llegar, al final, ya muy tarde ,hasta el cuarto del otro.
Quiero saber si hoy vas a estar en tu mesa, por eso de pasarte a buscar y hablar de paso con Manuel del tema de Valle Inclán...y así me acompañas al mercado, que el frigorífico está vacío. Mi sillón está vacío. Mi baño. Y mis dos habitaciones.
11/06/08
10/06/08
  
En Lleida descubrín unha D.O. chamada Costers del Segre. Comín ternasco, caragols, esqueixada e escalivada. Subín ata a Seu Vella que tén un claustro gótico fermoso e andiven camiñando un cadiño, e xa de noite, polas rúas e polos bares. Gosto da gastronomía catalana...gosto dos calçots, das ceboliñas calzadas con terra como zapatos tristes e medias brancas. Gosto da salvitxada e dos centos de encurtidos que elaboran. Como eu de nena quería ser o Conde Drácula vou convertirme nalgo intermedio, en canívala, vou engulir aos mossos e aos gatunos. Collerei o mellor do inimigo e cuspirei o resto sobre Boris Vian. MU!
 A Papelera Palermo, en Honduras 4945 (Palermo), traballa -como ben indica o seu nome- moitísisimas formas e feituras de papel (en Batik son un referente). Pasei tempo cheirando e tocando as cousas da loja, comprei eses cuadernos que aparecen enriba e despois funme para o hotel carregada de árbores, follas e manteiga.
























