28/05/08

Volvo á páxina do Colectivo Sacou e vexo a Manolo danzando con Inés...faltan as fotografías da viaxe ao Caurel onde o devandito ollaba con instinto pornográfico a unha rapaza coa que comemos e que era sobriña do homenaxeado. Manolo, Manolo...que andarias facendo por Paris. Olla...Manuel, que eu por Buenos Aires tamén fiquei coxa. E tiven de ir a un masaxista e todo. Manolo fala das cidades que pensamos e eu vos conto que a través do meu pé fixen un percorrido a compás de tres por catro por Palermo. Un día fun xantar a un Mexicano e en vez de coller para o Leste apañei para o Oeste...mais pronto...que non vos cause malestar que polo camiño agarramos un taxi e xa no hotel descubrín que alí lle dan moitos significados á palabra matar e é máis...agora posúo un diccionario avanzado...Manolo anda aceitando los patines por Clichy, Ramón tiene un gran afrecho,Manuel es un bachicha y yo soy muy de la banana...aprendín que é unha calentura,un calentón,un camote, un cañazo, un canfinfle, una chinchera, currar, desafrecharse, unos kinotos, una persona metida, una percantina e un zurdo. Canto aprendo, vedes?

6 comentários:

fucafuca disse...

...xa vemos xa... (xd)

...e así lembramos o dito; a quien hierro mata... (quixera verte eu a ti agora pegando chimpos...)

...e menos mal que é brincadeira, pois nada mais lonxe da miña intención que verlle o peíño mancado...

...unha aperta en todo caso!!

Manuel

Iria disse...

Si...pasei anos mofándome do teu pé e voila...o castigo que merecía. Alomenos eu tiven a vista de apañar un taxi...que a ti che tivemos dando voltas por Allariz...jajaja. Apertas para o senhor e beijos.

fucafuca disse...

... mais ou menos como mareando o pavo depois dunha botella de whisky... Sorte que non estaba a cousa para o sacrificio a base de machada...

Manuel

Iria disse...

Si...jajaja...ademais foi o día no que nos propuxeran unha conversa entre o pene e a vaxina...bon...sen palabras...que boa foi esa viaxe.

Eu volvín a Ourense hai uns meses e soñei con ir ao bar de Allariz. Quería saber si marcaran dalgunha forma especial o lugar no que te convertiches en manuel o coxo.

fucafuca disse...

boh!

FraVernero disse...

argh...

o que non aprendiche, porque xa o sabías facer -niso tes doutorado e máster- é a putearnos, é, señoriña?

tsk, tsk...

Non sabía que tiveramos fotos daquel actiño pavero e boa paparota que gastamos no Courel. Estaría ben velas... Agora, a pesar da miña libidinosidade declarada, creo lembrar que a interfecta que mencionas era máis fea que pegarlle a un pai (e polo tanto, lonxe de todo tipo de tentacións para mín, que como bo posmoderno, fico nas superficies... xD)