15/05/08

Non tiña ningunha vontade de regresar. Agora só penso en ter un apartamento en Buenos Aires e vivir alí unha boa temporada. Cheguei ao aeroporto e caeu todo a choiva, todas as persoas e toda a suor na miña cara. Cando volvo, recordo os motivos que outras veces empreguei para emigrar. Esquezo o que sinto nas cidades e despois bátenme as horas. Moléstanme. Quero hoxe aprender, gravar... que desta vez non me queda outra que marchar. Non teño excusas para non facelo...ainda que noutro tempo tivese casa, traballo e compañeiro...e agora case que só carne. Este ano propoño apañar un avión que me deixe en Ezeiza.

1 comentário:

santha disse...

... y yo te estaría esperando en Ezeiza...




besos niña