10/05/08

Hoxe é o meu aniversario. Cumpro vintesete anos. Na Feira hai xente, moita xente e cá dentro está mesmo moita calor, polos focos, polas persoas que andan a perguntar e aquí como en Cuba todas son galegas. Bon...hoxe Isabel preparou Chucrut e Claudia telefonou para felicitarme. Hai seis anos pasara o meu aniversario con ela e con David en Paris e ela ofrecérame unha tarta ben rica da Paul. Hoxe lembrei as fotografias que me tiraran ela e mais o Hodair e sei que estaba mesmo feliz. Nunca me volvín a sentir tan feliz e tan triste como nese aniversario. Sen embargo este ano teño o cabelo máis longo e nunca estás. Sen embargo este ano estou feliz e triste. E teño un bo regalo, con ollos verdes.

1 comentário:

El joven Bryan Superstar disse...

moitas felicidades vaquiña

non esteas triste