27/05/08

Está pesada a vida esta semana. Prefiro perder vida a perder noites, é a conclusión á que chego despois de que doian as pernas e o peito. Falaba Artaud da aplicación de electricidade...eu aplico enerxía nas extremidades e non hai forma de movelas. Teño un piso para revivir, pero estou morta. Levo anos morrendo, soterroume o mar e como imaxe poética as redes apurábanme para o fondo. Non hai nada de poético nas correntes eléctricas...morrer é fácil. Eu apoiaría unha actuación na que concentrándome, como me concentro comendo peixe cocido, morrese. A min enganáronme os padres franciscanos...non moito, pois despois de moitas catequeses adoecidas non conseguiron transmitirme a idea dun paraíso nin dun inferno. Cando abrín a boca para comulgar e vin que non me acontecía nada deixei de crer. Ata aí. Eu tiña unha fe cega en min, en deus, nunca na familia. Que pasou?

1 comentário:

santha disse...

" cada dia al despertarme me gusta resucitar" diria Joaquin yo agregaria con vos.