10/07/08
09/07/08
Deixei a vida en Paris hai dous meses. Hai dous meses que deseñei un grande NON e comecei a respirar noutras latitudes. En Buenos Aires está frío e saen avións. Nunha semana vou recibir a chamada dun amante que prenderá o teléfono e dirá: Eu sempre te amei. E eu digo: MU!!
Olvidar olvido até de apagar o leite e de comprar o cardamomo para o café. Socorro dime que non me preocupe, que todos perdemos memoria...mais eu tiven que botar man dunha grabadora que cada media hora conecto e me repite as cousas que teño que facer. Iria vai para a cama...e Iria vai para a cama. Iria quita as calzas e Iria quita as calzas. Iria...chamaches aos das flores e Iria chama aos das flores. Iria esperta suada estes días...as camisas de noite están enchoupadas nos seios e no pescozo. Tamén soñamos en quente. Eu soño en quente, en húmido esperto e digo: Iria perdeches facultades.
O outro día na Tasca falabamos de como nos chamabamos cando falabamos en terceira persoa: Ti dixéchesme Ghillermo eu díxenche Iria. Cando emprego o nome propio de alguén para chamalo e non digo: Guille ou Soco ou Monchi ou Manolito ou Fede...é para mostrarlle algo moi fundo.
Federico quérote.

Onte, mentras agardaba a entrar no médico, un vello contounos que nunha crise de ansiedade por falta de alcol, tiveron que agarralo dous senadores e meterlle unhas labazadas. O home non quería que lle puxeran unha inxección pois segundo entendín...bebía viño branco, con viño tinto, güisqui con cognac e cerveza con anis...Pola noite, e xa na casa (pois o de esperar a entrada na consulta ben pudo alongarse ata a noite), conectei con Roma e lembreime dos senadores que agarraran ao gacho.
Esto ben pudo dar para un titular do Correo Gallego tipo: La asesina de ancianas de Barcelona preparaba tortillas para la Policía (Este titular non mo estou a inventar). Esto sería así: Doña Valentina Hernández Santamaría y Don Carlos Andrés García Varela, candidatos al senado por FE de las JONS, inmovilizan en el Clínico a un anciano con delirium tremens.
El señor Eldemiro, debido a la catarsis, decidió quitar el "cuchillo de matar o porco", según sus declaraciones. Cuchillo que guardaba en un armario, destinado en origen para el acubillaje de ropa y productos de aseo. (Estes datos tampouco mos estou a inventar susurróunolos na tarde de onte, mentras esperaba a entrada no médico).
08/07/08
07/07/08

03/07/08


02/07/08

01/07/08

