Mostrar mensagens com a etiqueta Gatunos malvados ou aniquilación total en Badalona.. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Gatunos malvados ou aniquilación total en Badalona.. Mostrar todas as mensagens

11/06/08

Onte pola tarde recibín unha chamada dunha empresa de conxelados catalana. A comercial en cuestión me interrogaba sobre a conveniencia de recibir un pedido no meu piso de Badalona o día 12 de xuño. Os gatunos do saco Loreak Mendian tiveron a xenial idea de roubarme e facer un encargo a unha empresa de conxelados co meu número do traballo... dando no devandito a súa dirección e os seus datos persoais. Para colmar o meu mundo surreal...e como non tomei por ben dar de baixa o meu número de empresa; a historia continua coas mensaxes que os amigos dos gatunos me deixan na miña caixa de correo...indicándolles como facer para saquearme y en resumen follarme el culo. Si,estou nunha etapa anal...que pasa? Sei que se me sento nun banco ou nunha cadeira e espero que a gacha saia do seu apartamento para is ás compras...no momento de pagar quitará unha linda e draculina carteira de Mont Blanc...en otros tiempos mía. Sei o seu nome, a súa dirección, o seu traballo, onde naceron, os fillos que teñen, os amigos que teñen, os seus estudos...sei que eran a parella con fillo que estaba sentada nunha zona de fumadores sen fumar, que ela levaba unha camiseta branca e un pantalón da mesma cor, sei que teñen un fillo que xogaba cunha cordiña, desas que se empregan para atar as bandexas de pasteis, nunha especie de bondage incomunicado. O neno non erguía a testa e ollaba para as mans anoadas. Cando roubamos un saco deberiamos de reflectir no que o saco contén...este en concreto, a miña vida. A miña medicación, da que tiven que prescindir un día e medio e que provocou visións alucinadas pola Rambla de Catalunya...os meus recordos de Cuba e Buenos Aires. Un pequeno neceser do Petit Prince onde se le: Dessine moi un mouton. Cunha cabriña e unha caixa. Os anticonceptivos. As tarxetas de visita. Dous xogos de chaves. Desodorante, contorno de ollos e crema de beizos. E unha presenza inquedante que son eu mesma e que me fai repetir o de que há outra mulher em mim que nâo conheço. Eu?