10/05/08

Hoxe é o meu aniversario. Cumpro vintesete anos. Na Feira hai xente, moita xente e cá dentro está mesmo moita calor, polos focos, polas persoas que andan a perguntar e aquí como en Cuba todas son galegas. Bon...hoxe Isabel preparou Chucrut e Claudia telefonou para felicitarme. Hai seis anos pasara o meu aniversario con ela e con David en Paris e ela ofrecérame unha tarta ben rica da Paul. Hoxe lembrei as fotografias que me tiraran ela e mais o Hodair e sei que estaba mesmo feliz. Nunca me volvín a sentir tan feliz e tan triste como nese aniversario. Sen embargo este ano teño o cabelo máis longo e nunca estás. Sen embargo este ano estou feliz e triste. E teño un bo regalo, con ollos verdes.

08/05/08

Veño de beber un café no Tortoni, despois dunha actividade frenética decidín tomar a mañá para camiñar. É curioso que viñera a foder un pé a Buenos Aires... Pronto...onte andiven de negocios co de Corregidor, podemos falar de negocios...si podemos falar. Mañá confirmaremos sinaturas cun almorzo porque como din por acá...o que comeza cun almorzo acaba en merda. Amais...agora síntome bastante máis protexida na cidade que nos primeiros día. Onte xantei na casa do Ruy, da Rosa e da Mónica...carne asada, moi boa e nada seca. O mellor é sentirte querida...arpoada por persoas importantes. Importante é unha palabra para definir o que é grande. Isabel a miña outra compañeira de Stand tamén é importante. Por certo que onte, tamén, apareceu o Paco Lores por alí e combinamos o domingo para xantar (xantar é á noite). Decía Clarice Lispector que lle acontecera unha cousa que polo feito de non a saber vivir vivira outra. Teño o medo normal de saberme do mesmo xeito. Seite moi ácedo, moi ácedo, moi ácedo na boca.

06/05/08

Acabo de chegar a Buenos Aires a un hotel fantastico, lindo e pijo chamado Esplendor Palermo. Vou ir tomar banho e durmir, que ando cansa e con vontade de mudar de roupa...de vida acostumo a facelo nos ultimos meses. Aeropuerto de Ezeiza. Ezeiza e unha palabra que enche a boca cando a dis.

02/05/08