Rocco, Rocco, Rocco, Rocco!!!!
02/06/08
Estou a mudar de vivenda. Comecei esta fin de semana mais foi imposible rematar (onte ás doce estaba deitada no sofá mentras falaba contigo). O meu apartamento é amplo, con luz e os libros multiplícanse ocupando as paredes como o lique. Como este xoves vou para Lleida non vou ter tempo para arrumalos e o domingo ao chegar estarán á espreita. Terei o corpo cheo de amor (a referencia correcta é "teño a polla/coño chea/cheo de amor", adaptación libre dunha conversa que sae en Magnolia), unha mala con roupa suxa e unha lavadora con tarifa nocturna.
Teño un Porto LBV que me adora..di que me quere moito. Que a ver cando vou polas adegas do António.
EN LLEIDA, DO 5 AO 7 DE XUÑO DE 2008.
Os editores galegos, vascos, cataláns e valencianos reúnense en GALEUSCA
26/05/2008 Co obxectivo de establecer políticas de actuación comúns e reflexionar sobre a situación da industria editorial nas culturas con lingua propia do territorio español, celébrase a quinta edición do Galeusca de Editores. A cidade de Lleida acollerá dende o xoves 5 ata o sábado 7 de xuño unha serie de mesas redondas que versarán sobre as axudas á edición, a gratuidade do libro de texto, os dereitos de autor e a proxección no exterior, e nas que está previsto que participen representantes da Asociación Galega de Editores (AGE) desprazados ao encontro neses días(...)AGE.
Subscrever:
Mensagens (Atom)